23/12/09

Plazas de promoción interna.

No BOE de hoxe, día 23 de decembro, saíu publicada a convocatoria para as promocións internas de: Unha praza de Técnico Auxiliar de Informática, e tres prazas de Administrativo. O prazo de presentación das solicitudes será de vinte días naturais a contar dende o seguinte día hábil á data de publicación.

15/12/09

Pago de trienios ao persoal laboral


Como algún de vós xa saberá, desde o pasado luns o persoal laboral deste Concello está recibindo unha resolución da Concellaría de Persoal onde se recoñece a antigüedade no posto de traballo. Esto quere dicir que a partir deste mes de decembro todo este persoal comezará a cobrar os trienios correspondentes.

27/11/09

Listado da productividade dos meses de Maio a Septembro

O acta da Xunta de Goberno Local do día 18 de novembro, co listado das cantidades a retribuir por productividade dos meses de maio a septembro, esta agora na carpeta J:\DEFINITIVAS\Comisiones\2009\XGL091118.doc 

26/11/09

Pago da productividade dos meses de Maio a Septembro

Como xa sabedes, na Xunta de Goberno local do día 18 de novembro, aprobouse o pago da productividade dos meses de maio a septembro. Pódense consultar as cantidades accedendo ao documento J:\provisionales\comisiones\XGL091118.doc. Dentro do documento aparecen dous bloques, o primeiro coas cantidades a percibir polos meses de maio e xuño, e os restantes no segundo bloque. Xa se prepararon as nóminas incluíndo estas cantidades (brutas, non netas).

En persoal dispoñen de información máis detallada en relación co cálculo da productividade. Calquera persoa que queira consultar a súa propia información pode solicitalo en persoal, ou ben realizar calquer reclamación  por escrito en caso de non estar de acordo coa cantidade a percibir.

Os sindicatos temos a posibilidade de ver esta mesma información directamente en persoal. Se alguén ten algun problema ou dúbida tamén pode trasladarlla á súa sección sindical.




Calendario laboral do ano 2010.
Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres.

12/11/09

Pago da Productividade pendente

Na derradeira Xunta de Persoal o pasado día 2 de novembro, realizouse un escrito á administración pedindo, entre outras cosas, unha resposta oficial sobre como quedará o pago da productividade pendente. De momento non tivemos resposta, pero esperamos tela próximamente, dado que probablemente aínda non lles chegou de forma oficial o escrito.
Extraoficialmente nos comunicaron que a intención e pagar os 5 meses pendentes (maio-setembro) na próxima nómina, que están a traballar nelo, pero será mellor esperar a que nos digan algo cando sexa definitivo.

Semanas do nadal 2009

Esta mañá tivo lugar unha reunión da Xunta de Persoal e o Comité de Empresa para facer unha proposta conxunta á administración en relación coas semanas do nadal. Na decisión final tiveron que ver múltiples factores, tívose en conta moito a vosa opinión, pero o factor que máis primou definitivamente foi a búsqueda da equidade entre ambas semanas, para que ámbolos dous turnos tivesen o mesmo número de días. A proposta elexida foi a seguinte:
  • Primeira semana: 22,23 e 29
  • Segunda semana: 30, 4 e 5
Esta proposta non se poderá considerar como definitiva ata que a administración nos dé unha resposta ao respecto, momento no cal se fara pública a decisión final.
Lembrámosvos que o actual acordo negociado vixente permite aos funcionarios xuntar días de asuntos propios a semana do nadal.
Agradecemos moito a vosa colaboración.
A Sección Sindical de CCOO.

23/10/09

Situación sobre o cobro da productividade na nómina de outubro

Na última comuniciación oficial da administración cara aos sindicatos por este tema, soamente faltaba a aprobación dos listaxes de productividade dos meses de maio e xuño pola xunta de goberno local. Unha vez aprobados poderíase incluir este pago na nómina do mes de outubro.

Temos comunicación do departamento de persoal de que este tema non foi aprobado nesta xunta, pero non temos unha explicación oficial dos detalles do ocurrido con este tema.

Dado que tanto a Concelleira de Persoal como o Alcalde atópanse onte e hoxe de viaxe oficial, non puidemos ter contacto nin recibimos tampouco unha resposta oficial do ocurrido, nin da situación na que queda o pago da productividade dos meses pendentes.

Polo tanto quedamos a espera de intentar a partires do próximo luns 26 recibir resposta oficial por parte da administración.

21/10/09

Pago da productividade na nómina de Outubro

Ao final da mañá de onte, día 20 de outubro, a administración reuniuse cos sindicatos para informar de como ia o proceso do pago da productividade. Informouse que dera tempo a revisar soamente os meses de maio e xuño, que son os que se retribuirán coa nómina do mes presente.

Hoxe, 21 de outubro, aprobaránse estas listas en comisión de goberno, e a partires de este momento farase pública a resolución e abriráse un prazo para que cada traballador individualmente poida facer alegacións en caso de non estar de acordo co pago ou detectar erros no cálculo.

En calquer caso a administración transmitiu que estos dous meses, debido a que era o comezo do fichaxe, e houbo numerosas incidencias e fallos no sistema, se intentou non ser demasiado restrictivo, pero os seguintes meses o estudo do fichaxe farase de forma máis exaustiva, intentando evitar tamén posibles erros.

Os seguintes meses pendentes (jullo-septembro) retribuiranse coa nómina do mes de novembro.

A sección sindical de CCOO.

25/5/09

Oferta de emprego público 2009 do Concello de Culleredo

O pasado xoves 21 de maio, ás 13:00h, reuniuse a administración cos sindicatos en Mesa Xeral de Negociación cun único punto na orde do día: a aprobación da oferta pública de emprego para o ano 2009 do concello de Culleredo.
Na mesma reunión acadouse o acordo de aprobar a oferta de emprego, sempre que a administración se comprometese a cumprir os seguintes prazos para as convocatorias:
  • Que as prazas pendentes da oferta do 2008 que están ocupadas, estén convocadas e con data de examen antes do 31 de decembro do ano 2009.
  • Que as prazas de consolidación da oferta do 2009 estén convocadas e con data de examen antes do 30 de xuño do ano 2010.

Que as demáis prazas da oferta do 2009 se convoquen a continuación das prazas de consolidación de emprego.

A oferta de emprego público do 2009, así coma as actas de esta e de todas as mesas de negociación, poderán ser consultadas na carpeta do servidor W:\Persoal.

En calquer caso adxuntamos a oferta de emprego público do 2009, así coma a rpt do 2009 e o plan de emprego.

29/4/09

Manifesto do primeiro de maio.

Curso intervención policial.

Curso intervención policial destinado a Persoal dos corpos de policía local, pertencentes ao Concello da Coruña e preferentemente aos concellos próximos a aquel.
Prazas ofertadas: 12 prazas, das cales 9 serán ocupadas polo persoal do corpo de Policía Local da Coruña que desenvolva o seu traballo en unidades operativas e, dentro destas, con preferencia para o persoal da Unidade Territorial/quenda de noite e, en segundo lugar, o persoal do Grupo de Motos e dos servizos de patrullas 092. As 3 restantes parasolicitantes doutros corpos de policía local teñen preferencia os dos concellos próximos ao concello da Coruña.
Prazo de inscrición e presentación : O prazo para de inscrición epresentación de solicitudes de participación rematará o día 11 demaio.
Os solicitantes que pertenzan ao corpo de Policía Local do Concello daCoruña deberán facer a súa solicitude a través da Academia deFormación de Policía Local do Concello da Coruña.
Os solicitantes que non pertenzan ao corpo de Policía Local do Concello da Coruña cubrirán a solicitude de participación que seencontra na páxina web da Agasp
http://agasp.xunta.es/, na línea Actividades formativas, cursos con inscrición aberta, non serán admisibles outros modelos de solicitude, e remitirana telematicamente.
Esta mesma solicitude, unha vez remitida a través da web, deberán imprimila, asinala a/o solicitante e obter tamén a sinatura daautoridade do concello de que dependan, enviándoa á Academia Galega de Seguridade Pública, avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, a travésdo fax 886 20 61 22, por correo postal ou segundo o previsto no artigo38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.
Doga nº79 venres 24 de abril de 2009

6/4/09

POLO DESENROLO DO ESTATUTO BÁSICO DO EMPREGADO PÚBLICO

A mobilización do día 15 mantense, aínda que a administración di que ten intención de convocar unha xuntanza, valorouse conxuntamente con UGT e CSIF o manter as concentracións, pois despois de case 2 anos segue sen desenvolverse en moitos contidos normativos..: Carreira profesional horizontal, modificación do sistema retributivo a través de complementos, novo sistema de provisión de postos e de promoción interna... E necesario, pois, que fagamos esforzos para que estas concentracións saian ben e se visualice a presencia do noso sindicato. Os Responsables Comarcais de Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, deben porse en contacto coa UGT e CSIF para o tema da pancarta unitaria. Faremos un comunicado de prensa anunciando a mobilización.
Seguiremos informando

15/1/09

Tal e como aparece recollido no Convenio de persoal laboral e no Acordo regulador de persoal funcionario, está aberto o prazo de solicitude de axudas de acción social correspondentes ao ano 2009. Este prazo remata o 15 de febreiro. Todas e todos os que esteades interesados mirade nos respectivos convenios a documentación que teredes que aportar.

9/1/09

Desde o día 4 deste mes xa se poden pedir os cursos para este ano, hai de prazo ata o día 25. Podedes consultar a información e imprimir a solicitude na páxina web de Comisións Obreiras: http://www.fsap.ccoo.es/