A XUNTA DE PERSOAL E O COMITE DE EMPRESA INFORMAN:
Que con data 20 de novembro de 2015 o señor Alcalde-Presidente convocou á Xunta de Persoal e ao Comité de Empresa para unha reunión informativa sobre os orzamentos do ano 2015. Ante a falta de documentación, ésta se solicita ao servizo de persoal.
Con data 21 de novembro ás 10:28 se nos remite o cadro de persoal e as bases de execución do orzamento de persoal que se levará a aprobación no próximo pleno do día 27 de novembro.
Neste cadro de persoal decatámonos que hai cambios sustanciais que obrigan a unha negociación da RPT previa, que non ocorreu en ningún momento. Ademáis da creación e dotación de prazas, xusto cando non se pode facer teóricamente, se rebaixa a dotación de acción social en 3.600€, e o incremento salarial e de 0%.
Ante as primeiras protestas o mesmo día as 14:49 achegasenos a relación de postos de traballo con consignación orzamentaria, o que nos leva a ver máis cambios que levan asociada unha modificación da RPT que non foi negociada en ningún momento.
En consecuencia A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa acorda non presentarse a esta reunión, ante a falta de intención negociadora da Administración, decisión que se comunica ao Xefe de Persoal antes da reunión.
Por todos estos motivos solicitamos a administración que non leve a aprobación este cadro de persoal ate que sexa negociado cos representantes sindicais
Asdo/ Xunta de Persoal Asdo/ Comité de Empresa
No hay comentarios.:
Publicar un comentario