19/1/15

Plan intersectorial 2015


Informámoste de que estamos a poñer en marcha o plan formativo dirixido prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas do S.N. de CC.OO de Galicia para o ano 2015, financiado pola Consellería de Traballo e Benestar e cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

 

Este plan formativo vai destinado a:

·        Persoas traballadoras asalariadas de empresas privadas ou entidades públicas.

·        Persoas traballadoras fixas descontinuas

·        Persoas acollidas a regulación de emprego nos seus períodos de suspensión por expediente autorizado.

·        Persoas traballadoras desempregadas cun límite máximo do 40%

 

Se precisas información sobre as accións formativas podes dirixirte a calquera dos centros de Forem Galicia, ás Unións Comarcais do sindicato ou consultar a páxina web www.foremgalicia.es  onde ademais poderás inscribirte nos cursos.

 

Agardamos que esta información sexa de utilidade e invitámosche a que a difundas.

 


 

 

 

 

 

 





No hay comentarios.: